skip to main content

A miña primeira universidade literaria: o encontro coa copla popular na aldea ós nove anos (1938) e coa fraseoloxía con faíscas estéticas

Xesús Alonso Montero

Madrygal : revista de estudios gallegos, 2020-01, Vol.23, p.41 [Periódico revisado por pares]

Madrid: Universidad Complutense de Madrid

Texto completo disponível

Citações Citado por
  • Título:
    A miña primeira universidade literaria: o encontro coa copla popular na aldea ós nove anos (1938) e coa fraseoloxía con faíscas estéticas
  • Autor: Xesús Alonso Montero
  • Assuntos: Aesthetics ; Canciones ; Children ; Coplas ; Cultura popular ; Estética ; Families & family life ; Fraseología ; Galician ; Galician language ; Language acquisition ; Lengua española ; Lengua gallega ; Oral tradition ; Oralidad ; Orality ; Phraseology ; Popular culture ; Rural areas ; Sociolinguistics ; Sociolingüística ; Songs ; Spanish language ; Tradición ; Tradition
  • É parte de: Madrygal : revista de estudios gallegos, 2020-01, Vol.23, p.41
  • Descrição: Como teño dito en non poucas ocasións, a min “nacéronme” en Vigo no mes de novembro de 1928. Nacín nunha taberna da rúa Urzáiz, “El Recreo”, que rexentaban meus pais, Benito e Angelina, ribeiraus que sempre, entre eles, falaban o galego, o galego na modalidade subdialectal do Ribeiro de Miño cos matices propios da súa parroquia natal, San Paio de Ventosela. De Ventosela era miña nai, e de San Paio, a capital eclesiástica da parroquia, meu pai. Entre eles, repito, sempre empregaron o seu falar natal, o galego daquela parroquia, moi próxima a Ribadavia. Falábano entre eles, mesmo diante de nós, os catro fillos, pero pasábanse ó castelán sempre que se dirixían a nós. Educábannos para señoritos, como diría Castelao. Aínda así, eu tiña un certo coñecemento do galego, pois na taberna de meus pais predominaban os seareiros populares. Por outra parte, era a lingua que oía –sen falala– na aldea, en Ventosela, cando, nas vacacións, pasaba semanas ou días na casa dos avós. Quero dicir que, cando toda a familia deixamos Vigo (e o negocio da taberna) para establecérmonos na aldea, totalmente galegófona daquela, eu estaba en condicións bastante favorables para usar o galego e convertelo, axiña, na miña lingua de instalación. Na miña biografía lingüística hai, pois, unha data moi importante: aquela en que o contexto e a mesma familia ínstanme a cambiar de código lingüístico. Foi o 1 de xaneiro de 1938, o día en que nos instalamos na aldea. En Ventosela, na casa natal de miña nai. Así pois, eu son un neofalante con certas peculiaridades. Sobre estas peculiaridades e os inicios da miña instalación na lingua galega teño publicado bastantes páxinas, en parte compendiadas no opúsculo O Ribeiro na miña vida, como pedagoxía e compromiso. Son páxinas que pertencen, de cheo, á Sociolingüística e nelas abordo sempre como, castelán falante en Vigo ata os nove anos, incorporo o galego desde esta idade, desde 1938, data na que se inicia a miña biografía rural. Nas presentes páxinas esbozo un capítulo desta biografía no que explico que manifestacións poéticas da aldea –e na lingua da aldea- constituíron a miña primeira universidade literaria.
  • Editor: Madrid: Universidad Complutense de Madrid
  • Idioma: Galego

Buscando em bases de dados remotas. Favor aguardar.